Alternanthera philoxeroides (Mart.) Griseb.

Alternanthera_philoxeroides_01 Alternanthera_philoxeroides_02 Alternanthera_philoxeroides_03

Descrición 1

Planta flotante emerxente, perenne, carnosa, que pode chegar a 1 m; ás veces con raíces fibrosas nos nodos. Presenta grandes entrenós ocos. Talos longos ramificados, follas color verde escura brillante, simples, lanceoladas, marxes lisos e distintivo nervio central (2-7 cm lonxitude e 1-2 cm ancho). Inflorescencia cor branca en forma de bola e parecida ao papel, de 8-10 mm de ancho.

Bioloxía 1

Reprodución asexual nas zonas onde actúa como invasora, a partir das xemas axilares de cada nodo. Crecemento rápido nos meses máis cálidos, xeralmente enraizado nun substrato sólido e estendéndose nunha esteira enmarañada sobre a superficie da auga.

Hábitat 1

Pode crecer nunha gran variedade de hábitats, incluíndo a terra seca, pero aparece xeralmente en lagos, ribeiras, cursos de auga, zonas húmidas, esteiros, canais, etc.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB), Ficha CABI

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1714

Más Información

NatuSfera Mapa