Ambrosia artemisiifolia L.

Ambrosia_artemisiifolia_01 Ambrosia_artemisiifolia_02 Ambrosia_artemisiifolia_03

Descrición 1

Planta anual de ata 80 cm de altura. Talos avermellados, algo acanalados, ergueitos e con peliños. Follas anchas, 5-10 cm de lonxitude, son compostas e dentadas, parte superior verde e peluda e inferior con pelos abrancazados. Flores masculinas verde-amareladas, agrupadas en longas espigas, as femininas aparecen individuais/pequenos grupos nas axilas das follas superiores, sésiles e pouco visibles. O froito é un aquenio leñoso, de 3-4 mm de lonxitude e 1-2 de ancho, con 5-8 espiñas romas asemellándose a unha coroa.

Bioloxía 1

Florece de xuño a novembro. Reprodúcese só por sementes, que son moi numerosas (30.000-40.000 por planta) e forman un banco de sementes persistente no chan (5-14 anos). Dispersión endozoócora (aves), hidrócora, anemócora e antropócora. Xerminación a partir de maio.

Hábitat 1

Planta pioneira, coloniza zonas onde a vexetación natural foi alterada (cultivos, comunidades viarias, ribadas, etc. e tamén praias), preferindo chans secos e nitroxenados, con pH neutro ou algo ácido. Algo termófila.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1716

Más Información

NatuSfera Mapa