Araujia sericifera Brot.

Araujia_sericifera_01 Araujia_sericifera_02 Araujia_sericifera_03

Descrición 1

Planta rubideira perenne, robusta, con talos flexibles, finamente vellosos, de cor verde ou gris, con zume leitoso tóxico. Follas opostas alongadas, máis ou menos triangulares, relativamente grosas, de bordos enteiros e rematadas en punta (3-12 cm de lonxitude e 1-6 cm de ancho), con envés abrancazado e densamente peludo. Flores brancas ou crema, con forma de campá, 5 sépalos de 8-13 mm de lonxitude e 5 pétalos de 18-20 mm de lonxitude que se fusionan na base.

Bioloxía 1

Liana leñosa de crecemento moi rápido, favorecido pola presenza de calquera tipo de soporte, xa sexa natural (árbores, canavais) ou artificial (aramados, plantacións de froiteiras, plantas de xardín). Florece de maio a setembro. Reprodúcese principalmente por semente de dispersión anemócora a distancias curtas tamén por auga. Reprodución asexual por escallos.

Hábitat 1

Matogueiras e herbeiras húmidas en ribeiras fluviais. Comunidades afectadas pola actividade humana e hortas abandonadas, en ambientes de litoral (moi raro ao interior).

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1717

Más Información

NatuSfera Mapa