Arbutus unedo L.

Érbedo
Arbutus_unedo_01 Arbutus_unedo_02 Arbutus_unedo_03

Descrición 1

Árbore perennifolia de 4-5 m (ás veces ata 7 m). Tronco de casca avermellada, áspera. Ramas novas pelosas. Follas oblongo-lanceoladas ou elípticas, cor verde escura e lustrosas polo face e máis pálidas polo envés, de bordo aserrado ou dentado. Flores en panículas terminais multifloras, urceoladas e lóbulos pequenos, con bordos enrolados cara o envés, cor crema ou branco rosadas. Baga verrugosa duns 2,5 cm, cor alaranxada-avermellada.

Bioloxía 1

Crecemento lento que adoita a ramificarse desde a base. Madurez sexual a partir de 3 anos. Reprodución sexual por sementes. Os escallos e porbaixas son de escaso éxito, incluso en xardinería. Produce centenares ou milleiros de sementes, dependendo do tamaño do exemplar. As sementes teñen unha xerminación lenta e gradual.

Hábitat 1

Invasor en Canarias, en monteverde mesofítico (faial-breixeira) e piñeirais montañeses húmidos. Resistente á seca. As xeadas poden danar as plantas novas. Tolera os chans calcarios, aínda que con preferencia polos silíceos, soltos, algo frescos e profundos. As encharcadas non lle son favorables.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1718

Más Información

NatuSfera Mapa