Atriplex semilunaris Aellen.

Descrición 1

Planta herbácea perenne, de 20-70 cm de altura e ata 110 cm de ancho. Talos decumbentes ou erectos, amarelos, ramificados desde a base. Follas alternas, ovado-lanceoladas, longamente cuneiformes na base. Flores agrupadas nas axilas das follas superiores e en longas inflorescencias espiciformes terminais. As bractéolas frutíferas de aparencia peltada, rómbico-deltoides e dentado-espinulosas.

Bioloxía 1

Adquire a madurez sexual probablemente aos poucos meses de vida. Reprodúcese por sementes. Bastante resistente á salinidade e á seca (planta con metabolismo C-4). Require lugares iluminados, xeralmente cálidos e con chans arxilosos ou areosos. Halófito facultativo, pero non obrigado.

Hábitat 1

Franxa litoral halófila, areais costeiros, terreos de cultivo e zonas verdes de orixe antrópica. Principalmente en terreos costeiros ruderalizados máis ou menos salinos: marxes de estradas, soares sen edificar, lugares arxilosos removidos e cascalleiros. Terras de labor abandonadas (gabias) e xardíns. Tamén en hábitats máis naturais, como a parte superior de praias.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1722

Más Información

NatuSfera Mapa