Cabomba caroliniana Gray

Cabomba_caroliniana_01 Cabomba_caroliniana_02 Cabomba_caroliniana_03

Descrición 1

Planta acuática somerxida, salvo ocasionais follas flotantes e as flores. Perenne. Talos ramificados de ata 10 m de lonxitude, dispersos, cor branca e avermellada. Follas moi divididas en filamentos, en forma de abano. Cor verde intensa. Ten un par de follas en cada nó, dispostas de forma alternada. As flores aparecen na parte apical dos talos e son, a miúdo, brancas, e rara vez de cor rosa ou púrpura.

Bioloxía 1

Propágase mediante escallos, brotes laterais tras o corte. Tamén por sementes. Os fragmentos da planta poden sobrevivir flotando libres de 6 a 8 semanas.

Hábitat 1

Moi sensible ao desecamento, require augas pouco profundas permanentes. Tamén en estanques, lagos, encoros, pantanos, gabias e canais.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1729

Más Información

NatuSfera Mapa