Calotropis procera (Aiton) W.T.Aiton

Calotropis_procera_01 Calotropis_procera_02

Descrición 1

Pequena árbore perenne con zume leitoso abrancazado. Tronco máis ou menos erecto, coa casca de cor amarela agrisada. Follas grandes (ata 20 x 15 cm), coriáceas e opostas por pares. As flores preséntanse en inflorescencias axilares dunha vistosa cor violeta. Froitos en grandes folículos inflados de cor verde.

Bioloxía 1

Crecemento moderadamente rápido; segundo as condicións frutifica a partir de 4-5 anos. Reprodúcese por sementes. Frutifica de forma regular, observándose xeralmente froitos con diversos grados de madurez simultaneamente, que producen sementes fértiles ao longo do ano. Estas son dispersadas polo vento a distancias considerables.

Hábitat 1

Aparece de forma ocasional na franxa litoral halófila e areais costeiros en Canarias. Terreos de cultivo e zonas verdes de orixe antrópica. Ocasional en matogueiras xerofíticas do piso basal. Zonas urbanizadas e afectadas pola actividade humana (ribadas de estradas, soares e cascalleiros).

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1730

Más Información

NatuSfera Mapa