Cylindropuntia spp. ((Engelm.) F.M.Knuth)

Cylindropuntia_sp_01 Cylindropuntia_sp_02 Cylindropuntia_sp_03 Cylindropuntia_sp_04

Descrición 1

Arbustos suculentos, ás veces arborescentes, fortes, moi ramificados desde a base, ramas ascendentes e umbeliformes. Artellos cilíndricos glabros verde agrisados, con costelas ou tubérculos lonxitudinais ou ovais prominentes. Aréolas con fortes espiñas en número variable. Flores cerosas, en forma de copa, poden ser vermellas, maxentas, verde amareladas ou amarelas, ás veces brancas. Froitos case esféricos, ás veces cilíndricos ou en forma de disco, carnosos ou secos.

Bioloxía 1

Teñen metabolismo CAM e reprodución sexual e vexetativa (as pas teñen capacidade de enraizar).

Hábitat 1

En España presentes varias especies: C. imbricata, C. rosea, C. spinosior, C. tunicata. Distribuídas en zonas áridas, matogueiras degradadas, campos abandonados e terras baldías preto do mar. Moi resistentes á seca e ás xeadas, pero necesitan chans ben drenados e exposicións a pleno sol.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1741

Más Información

NatuSfera Mapa