Cyrtomium falcatum (L. f.) C. Presl

Cyrtomium_falcatum_01 Cyrtomium_falcatum_02 Cyrtomium_falcatum_03

Descrición 1

Fento con rizoma curto, ascendente; escamas de ovalado-oblongas a lanceoladas, acuminadas, cor marrón escura, máis pálida cerca da marxe. As follas compóñense de 4-15 pares de pinnas, coriáceas, ovadas e falcadas, glabras, con nervios anastomosados, cor verde escura brillante pola face e verde pálido sen brillo polo envés, coa marxe ondulada e puntas afiadas (aspecto similar ás follas do acivro).

Bioloxía 1

Reprodúcese tanto de forma asexual como por sementes, producen milleiros de esporas. É pouco resistente ao frío e á insolación, necesitando zonas sombreadas con alta humidade ambiental.

Hábitat 1

Aparece en cultivos e zonas verdes urbanizadas, bosques montañeses húmidos, mananciais, etc. Hábitats preferiblemente rupícolas, pouco esixente en relación ao substrato.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1742

Más Información

NatuSfera Mapa