Egeria densa Planch.

Egeria_densa_01 Egeria_densa_02 Egeria_densa_03

Descrición 1

Planta herbácea acuática, somerxida excepto as flores. Talos de ata 2 m de lonxitude, con follas lanceoladas, de 1-4 cm de lonxitude por 2-5 mm de ancho. Diferénciase de Elodea canadensis en que as follas dispóñense en verticilos de 4 a 6, salvo na zona baixa que poden ser de 3. Planta dioica. As súas flores brancas teñen tres pétalos, dispóñense ao final dun longo pedúnculo e flotan na auga.

Bioloxía 1

Reprodúcese principalmente de forma vexetativa, pois os fragmentos dos talos transpórtanse e enraízan facilmente. Non soporta ben a contaminación nin o sombreado intenso.

Hábitat 1

Prefire as augas estancas de curso lento, aparecendo en augas doces de ríos, pantanos e ambientes alterados.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1747

Más Información

NatuSfera Mapa