Elodea canadensis Michx.

Elodea_canadensis_01 Elodea_canadensis_02

Descrición 1

Planta herbácea acuática, somerxida, perenne, dioica, con raíces brancas, non ramificadas e filiformes. Talos alongados e flexibles, de 20-30 cm de lonxitude, ramificados e moi densos. Follas en verticilos de 3, sésiles, oblongo-lineais, cor verde escura translúcida, marxe moi finamente dentada. Flor feminina con sépalos e pétalos (brancos) duns 2-3 mm.

Bioloxía 1

Florece de maio a agosto. En Europa só se presentan exemplares femininos, polo que ten reprodución asexual por fragmentos de talo que enraízan. Non soporta a contaminación, prefire augas eutróficas, algo calcarias, con pH entre 6,5-10 e temperatura entre 10-25 oC.

Hábitat 1

Prefire as augas estancas ou de pouca corrente, e non tolera a contaminación nin o sombreado intenso. Pode vivir a profundidades considerables, de ata 14 metros.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1750

Más Información

NatuSfera Mapa