Elodea nuttallii (Planch.) H. St. John

Elodea_nuttallii_01 Elodea_nuttallii_02

Descrición 1

Planta herbácea acuática, somerxida, perenne, dioica, con raíces brancas, non ramificadas e filiformes. Talos alongados e flexibles, redondos en sección transversal, 20-30 cm de lonxitude, ramificados e moi densos. Follas cor verde pálida, en verticilos de 3 (ás veces de 4), sésiles, lineais ou estreitamente lanceoladas, marxe moi finamente dentada. Flor branca pequena (non máis de 8 mm de diámetro), 3 sépalos e 3 pétalos.

Bioloxía 1

En Europa só se presentan exemplares femininos, polo que ten reprodución asexual por fragmentos de talo que enraízan.

Hábitat 1

Prefire as augas estancadas ou de pouca corrente, eutrofizadas (oligo-mesotróficas), ricas en calcio. Pode medrar a maior profundidade que E. canadensis.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1751

Más Información

NatuSfera Mapa