Ipomoea indica (Burn)

Campaíña
Ipomoea_indica_01 Ipomoea_indica_02

Descrición 1

Planta perenne con aspecto de liana. Talos volubles. Follas alternas, pecioladas, de ata 20 cm, con tres lóbulos ben patentes, con forma de corazón ou frecha, os lóbulos basais algo separados e variables de redondeados a agudos. Flores grandes infundibuliformes (cos pétalos soldados en toda a súa lonxitude), agrupadas de tres en tres, vistosas, de ata 9 cm de diámetro, corola cor rosa, violeta ou branca. O froito en cápsula con 4 sementes.

Bioloxía 1

Reprodúcese principalmente por fragmentos dos talos con capacidade de enraizar nos nodos, pois as sementes non son viables.

Hábitat 1

Sebes e herbeiras afectadas pola actividade humana preto da costa. Terreos de cultivo e zonas verdes de orixe antrópica. Zonas urbanizadas. Matogueiras de medianías. Ambientes ribeiráns de interior (regatos).

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1823

Más Información

NatuSfera Mapa