Achatina fulica (Ferussac, 1821)

Caracol xigante africano
Achatina_fulica_01 Achatina_fulica_02

Descrición 1

Caracol de gran tamaño (ata 30 cm de lonxitude, 10 cm de diámetro e máis de 30 gramos). Cuncha en forma de cono bastante afiada, o dobre de alta que de ancha, con 6-9 espirais estriadas e cor xeralmente marrón claro ou avermellada, con vetas marróns/amareladas, ou marrón/escuro con raias escuras. Manto cor marrón escuro, marrón con pintas ou máis raramente crema pálido.

Bioloxía 1

Especie hermafrodita, tras a cópula pode almacenar esperma, permitindo varias postas tras un só apareamento. Fértiles aos 5-6 meses, enterrando máis de 100 ovos no substrato o primeiro ano e máis de 500 no segundo. A súa actividade depende da humidade e a temperatura, podendo hibernar durante longos períodos. Son omnívoros, pero principalmente herbívoros moi voraces.

Hábitat 1

Ocupa unha gran variedade de hábitats: áreas agrícolas, costas, bosques e zonas de matogueira, áreas afectadas pola actividade humana, zonas húmidas e incluso urbanas. Prefire áreas ricas en carbonato cálcico.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1710

Más Información

NatuSfera Mapa