Bursaphelenchus xylophilus (Steiner and Buhrer, 1934) Nickle, 1970

Nematodo do piñeiro
Bursaphelenchus_xylophilus_01 Bursaphelenchus_xylophilus_02

Descrición 1

Nematodo xilófago que non pode ser determinado a simple vista, sendo necesarias técnicas moleculares. Femia: rexión cefálica elevada, con 6 labios saíntes; na base do estilete hai nódulos ou pequenos inchazos; o lóbulo das glándulas esofáxicas é estreito, 3-4 veces máis largo que a anchura corporal. Macho: espícula grande e moi arqueada; o ápice é redondeado; rostrum agudo e moi desenvolvido.

Bioloxía 1

Especie xilófaga, que vive e se alimenta no interior da madeira de piñeiros e outras coníferas. Cando unha árbore está afectada (xeralmente piñeiros), prodúcese un amarelamento e posterior murcha das acículas, sobre todo nas ramas do terzo superior, aínda que posteriormente va estendéndose a toda a árbore. O insecto vector é un escaravello do xénero Monochamus.

Hábitat 1

Atópase tanto en bosques naturais como en repoboacións, xeralmente de piñeiros e outras especies de coníferas.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1728

Más Información

NatuSfera Mapa