Corbicula fluminea (Muller, 1774)

Ameixa asiática
Corbicula_fluminea_01 Corbicula_fluminea_02

Descrición 1

Pequena ameixa, xeralmente de 25 mm pero ata 4-5 cm de lonxitude, coa cuncha sólida, robusta, de contorno triangular ou redondo, con aspecto de cesto ("inflada") e umbos prominentes. Escultura moi marcada, con costelas regulares e concéntricas características, en número de 7 a 14 por cm. Casca brillante, marrón amarelado (ás veces amarelo) ou verdoso, ocasionalmente tirando a negro, case negro.

Bioloxía 1

Reprodución sexual, sendo hermafroditas e capaces de autofecundarse (producen ata 10.000 larvas ao longo da súa vida). Larvas desovadas aos 4-5 días da incubación, fixándose ao substrato e madurando aos 3-6 meses. Dúas reproducións anuais en condicións favorables. Especie filtradora.

Hábitat 1

Localízase en lagos e cursos de auga de calquera tamaño, con augas claras e osixenadas que teñan fondos de area, limo, gravas, etc. (substratos finos, grosos, arxilosos, etc.) e tamén aparece en canais de rego e de drenaxe. Non se fixan a substratos duros.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1736

Más Información

NatuSfera Mapa