Cordylophora caspia (Pallas, 1771)

Cordylophora_caspia_01 Cordylophora_caspia_02

Descrición 1

Hidroide colonial marrón claro, de ata 10 cm de altura, con colonias filamentosas (aspecto de pequeno musgo ou arbusto). As colonias compóñense de pólipos, os cales son de aproximadamente 1 mm de lonxitude e de cor branca ou rosa pálida, en forma de fuso cando están relaxados e ovoides cando se contraen; teñen de 12 a 16 tentáculos incoloros repartidos irregularmente sobre a superficie.

Bioloxía 1

Aliméntase dos pequenos organismos do plancto. As larvas peláxicas dispérsanse coas correntes de auga. Poden tolerar rangos de temperatura de 5-35 oC e reprodúcense entre 10-28 oC.

Hábitat 1

Distribución asociada a áreas de baixa salinidade de esteiros e lagoas salobres. Pode colonizar augas con salinidade de entre 0-35 PSU, crecendo entre 0,2-30 PSU e reproducíndose entre 0,2-2 PSU. Colonias ben desenvolvidas no rango de 1-2 PSU onde a influencia das mareas é considerable, ou entre 2-6 PSU onde as condicións sexan constantes.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1737

Más Información

NatuSfera Mapa