Crepidula fornicata L.

Crepidula_fornicata_01 Crepidula_fornicata_02

Descrición 1

Cuncha ovalada, de ata 50 mm de lonxitude e 25 mm de alto, cunha espira moi reducida. Abertura cun tabique (septo) que se estende ata a metade da súa lonxitude. Cuncha lisa con liñas irregulares de crecemento. Cor branca, crema, amarela ou rosada con raias ou manchas de cor vermella ou marrón. O septo é branco e o resto da superficie interna é de cor canela.

Bioloxía 1

Especie hermafrodita proterandria, comezan sendo machos para cambiar logo a femias. As femias poden producir 200.000 ovos e entre 2-4 postas ao ano, segundo a temperatura. Período de posta de febreiro a outubro cun pico en maio-xuño. Aliméntanse de fitoplancto e materia orgánica en suspensión, desenvolvendo grandes poboacións, a diferencia dos patélidos que se alimentan por pastoreo.

Hábitat 1

Prefiren zonas protexidas das ondas, en baías pouco profundas e zonas intermareais, onde están expostas a rápidas flutuacións de temperatura e salinidade. As poboacións de Europa atópanse principalmente nas rexións submareais, entre 0-20 m, aínda que poden chegar a acadar os 60 m de profundidade. En gran variedade de substratos, máis abundante nas zonas lamacentas ou de composición mixta.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1740

Más Información

NatuSfera Mapa