Familia Ampullariidae (J.E. Gray, 1824)

Caracol mazá
Familia_ampullariidae_01 Familia_ampullariidae_02 Familia_ampullariidae_03

Descrición 1

Moluscos gasterópodos de auga doce, xeralmente de gran tamaño e de vida anfibia; dunhas 120 especies. Presentan unha estrutura chamada ampulla (engrosamento da aorta anterior) na cavidade pericardial. Dobre sistema de respiración (branquia e pulmón). Tapa opercular córnea que pecha a abertura da cuncha. Patróns de cor moi variables, desde cor ouro, marróns, etc., ata albinos. En España indícase especialmente o xénero Pomacea (P. insularum, P. caniculata).

Bioloxía 1

Pomacea: actividade principalmente nocturna, permanecendo somerxido durante practicamente todo o día entre a auga e a vexetación. Moi pouco activos a menos de 18 oC. Aliméntase de todo tipo de plantas, incluídas as plantas vasculares. A taxa de reprodución varía coa dispoñibilidade de alimentos e coa temperatura, pero con gran prolificidade, voracidade e resistencia a condicións adversas.

Hábitat 1

Pomacea: zonas de auga doce tranquilas ou estancas como pantanos, marismas, lagos, ríos ou zonas húmidas. Os campos de arroz do Delta do Ebro son un dos hábitats óptimos para o desenvolvemento desta especie.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1756

Más Información

NatuSfera Mapa