Ficopomatus enigmaticus (Fauvel, 1923)

Ficopomatus_enigmaticus_01 Ficopomatus_enigmaticus_02

Descrición 1

Poliqueto sésil, de corpo simétrico, con 1-2 mm de diámetro e ata 3 cm de lonxitude. Constrúe tubos calcarios brancos de uns 2 mm de diámetro e 2 cm de lonxitude. Os tubos están algo dilatados no seu extremo aberto e presenta aneis ou bridas conspicuas, espazadas irregularmente ao longo da súa lonxitude. Cando se alimenta exhibe unha coroa de 12-20 plumas branquiais ramificadas cor gris, verde ou marrón.

Bioloxía 1

Forma extensas colonias tanto en substratos naturais como artificiais, chegando a formar arrecifes calcarios. Particularmente característico en ambientes de 35 a 10 ppm de salinidade. Excepcionalmente tamén pode darse en augas doces.

Hábitat 1

Habita en ríos, lagos e lagoas, xeralmente algo salinos.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Invertebrados non artrópodos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_invertebrados_na.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1802

Más Información

NatuSfera Mapa