Codium fragile ((Suringar) Hariot, 1889)

Codium_fragile_01 Codium_fragile_02

Descrición 1

Alga grande, perenne, de coloración verde escura, con frondes erectos duns 15-20 cm de alto, con abundantes ramas cilíndricas, distribuídas en forma dicotómica ou fastixiada. A superficie é vellosa. Fíxanse ao substrato por medio dun ancho disco basal esponxoso. As ramas cilíndricas teñen un diámetro de 0,3-1 cm. Ao tacto é un alga branda e esponxosa.

Bioloxía 1

Aínda que se reproduce sexualmente, ten propagación vexetativa e reprodución partenoxenética. Período reprodutivo en verán/inverno, presentando un máximo en outono. Os anos con temperaturas cálidas favorecen a reprodución.

Hábitat 1

Substratos rochosos, charcas, area e lodo do intermareal, podendo acadar ata os 20 m no sublitoral. Crece facilmente en ambientes semiexpostos ou expostos ás ondas, o que indica a gran adaptación da alga e o seu gran poder de expansión grazas a que as ondas favorecen a fragmentación da mesma e a súa dispersión vexetativa.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Algas 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_algas.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1735

Más Información

NatuSfera Mapa