Didymosphenia geminata ((Lyngbye) M.Schmidt i A. Schmidt 1899)

Didymosphenia_geminata_01 Didymosphenia_geminata_02

Descrición 1

Alga diatomea de auga doce, unicelular. Presenta as paredes celulares duras compostas por sílice, con prominentes estrías que forman intricados debuxos. Produce densas masas mucilaxinosas pola fabricación dun polímero extracelular. Os talos deste mucopolisacárido rematan nunha pequena "almofada" adhesiva que se adhire ao substrato, de cor entre marrón amarelado e abrancazado.

Bioloxía 1

Os polímeros producen densas capas mucilaxinosas duns 3 cm de espesor e ata 20 km de lonxitude, que poden cubrir leitos enteiros de ríos. Está comprobado que esta especie prolifera sobre todo en leitos regulados, podendo soportar grandes variacións de caudal que outras especies de algas non poden.

Hábitat 1

Habita augas pouco profundas e claras, solleiras, cunhas velocidades moderadas, frías e pobres en nutrientes, con substratos rochosos, aínda que tamén pode aparecer en cursos de auga máis temperados e con máis cantidade de nutrientes. Pode chegar a sobrevivir en climas fríos fóra da auga ata 40 días.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Algas 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_algas.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1743

Más Información

NatuSfera Mapa