Dysdera crocata C. L. Koch, 1838

Dysdera_crocata_01 Dysdera_crocata_02

Descrición 1

Araña mediana (entre 10-15 mm en machos, 15-30 mm en femias). 6 ollos agrupados nun estreito semicírculo. Quelíceros moi grandes en relación ao tamaño, sempre visibles, caninos terminais case tan longos como estes. Cefalotórax e abdome case do mesmo tamaño, brillantes. Patas delgadas, cada tarso con dúas garras e un guecho de pelo. Patas, cefalotórax e quelíceros vermello escuro/marrón alaranxado.

Bioloxía 1

Especie epixea, nocturna, predadora especialista de isópodos. Vive en lugares húmidos, podendo observarse baixo pedras ou troncos. Pode superar os dous anos de vida, acadando a madurez sexual nun ano, a femia deposita uns 60/70 ovos.

Hábitat 1

Invasora en Canarias, moitos ambientes: terreos de cultivos e zonas verdes, matogueiras costeiras non moi halófilas, matogueira xerofítica do piso basal, matogueiras de medianías e montañeses, piñeirais, bosques montañeses secos e húmidos, bosques de Juniperus spp., monteverde arbóreo xerofítico, breixeiras e faial-breixeiras arbustivas, pasteiros e herbeiras de ambientes alterados e zonas urbanizadas.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Artrópodos non crustáceos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_artropodos_nc.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1746

Más Información

NatuSfera Mapa