Harmonia axyridis (Pallas, 1773)

Xoaniña asiática
Harmonia_axyridis_01 Harmonia_axyridis_02 Harmonia_axyridis_03

Descrición 1

Xoaniña de corpo ovalado e convexo, tamaño de 7-8 mm de lonxitude e 4-7 mm de ancho. Cabeza negra, amarela ou negra con marcas amarelas. Pronoto cor crema con manchas negras, que poden ser 4 puntos negros, 2 liñas curvas, unha marca negra en forma de M ou un trapecio negro. Élitros vermellos, amarelo-alaranxados ou incluso negros. Número de puntos negros do cacho variable (0-21).

Bioloxía 1

Aliméntase de diferentes tipos de insectos como pulgóns, cochinillas, etc., así como de froitas e pole. Pode chegar a ter ata 4 xeracións ao ano, chegando a producir cada femia ata 3.800 ovos ao longo da súa vida. Durante os períodos de cría os adultos poden migrar longas distancias, o que favorece o seu éxito colonizador.

Hábitat 1

Zonas agrícolas, bosques naturais, zonas ribeirás, plantacións forestais, zonas urbanas (amplamente distribuída). Coloniza unha ampla gama de hábitats. Adoitan pasar o inverno nos edificios onde se reúnen en lugares escuros e illados.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Artrópodos non crustáceos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_artropodos_nc.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1809

Más Información

NatuSfera Mapa