Lasius neglectus (Van Loon, Boomsma & Andrásfalvy, 1990)

Lasius_neglectus_01 Lasius_neglectus_02

Descrición 1

As obreiras miden entre 2,5-3 mm; as raíñas, entre 5,5-6 mm e os machos, 2,5 mm. Mandíbulas de 7 dentes, o primeiro segmento da antena carece de pelos, e en xeral as patas tamén carecen deles. Cor amarela-marrón, tórax un pouco máis pálido. Máis dunha raíña funcional no formigueiro (supercolonias).

Bioloxía 1

As raíñas aparéanse baixo terra e son incapaces de voar, polo que a súa dispersión é limitada. Non constrúe formigueiros elaborados, instalándose xeralmente baixo pedras planas, baixo a follaxe ou, no caso dos contornos urbanos, dentro de dispositivos eléctricos.

Hábitat 1

Preferentemente en zonas urbanizadas e semiurbanas con presenza de árbores, nos que se atopan pulgóns a partir dos cales adquiren o seu alimento. Esta formiga está vinculada con hábitats alterados. Atópase en zonas urbanas: rúas con tráfico, bosques urbanos, etc. ou zonas semiurbanas.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Artrópodos non crustáceos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_artropodos_nc.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1825

Más Información

NatuSfera Mapa