Armadillidium vulgare Latreille, 1804

Armadillidium_vulgare_01 Armadillidium_vulgare_02 Armadillidium_vulgare_03

Descrición 1

Isópodo grande (ata 18 mm de lonxitude). De forma ovalada, moderadamente aplanada pola súa parte dorsal, corpo o dobre de longo que de ancho. Coloración gris escura non brillante (gris lousa), ás veces pode presentar pigmentacións marróns ou avermelladas. Escutelo amplo que non se proxecta por enriba da cabeza. Dous pares de antenas (un case inapreciable), tórax con 7 segmentos visibles, sete pares de patas.

Bioloxía 1

Ten un ciclo de vida de aproximadamente 3 anos. Se as condicións bioclimáticas son boas, poden ter dúas xeracións ao ano. Teñen un pico reprodutivo na primavera e un segundo, menos relevante, durante o outono. Especie omnívora de gran tamaño. Aliméntase principalmente da materia vexetal en descomposición.

Hábitat 1

Areais costeiros, terreos de cultivos e zonas verdes de orixe antrópica, zonas de matogueira xerofítica do piso basal, matogueiras de ambientes montañeses e de cume, piñeirais, bosques montañeses húmidos, pasteiros e herbeiras de ambientes alterados, medio subterráneo e incluso zonas urbanizadas. En laurisilva ocupa sobre todo zonas abertas con máis luz, con menor densidade en zonas máis internas do bosque.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Crustáceos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_crustaceos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1719

Más Información

NatuSfera Mapa