Carcinus maenas L.

Cangrexo común, cangrexo verde
Carcinus_maenas_01 Carcinus_maenas_02

Descrición 1

Cangrexo de medio tamaño (adultos ata 6 cm de lonxitude e 9 de ancho). Cacho en forma de pentágono, algo curvado e liso, con cinco espiñas laterais a cada lado do bordo frontal. Pinzas grandes e asimétricas. Patas ensanchadas en forma de paletas salvo o último par de patas, cuxo último díxito é agudo. Cor marrón ou verdosa, con pinzas e patas de amarelado a alaranxado.

Bioloxía 1

Reprodúcese en inverno e comezos de primavera, xusto despois da muda. Fecundación dos óvulos bastante despois da cópula, no ovario ou nunha cavidade incubadora especial. As femias levan os ovos ata que eclosionan as larvas. Omnívoro voraz cunha ampla tolerancia a variacións de salinidade, temperatura da auga e tipos de hábitat. Coñécese principalmente por ser un depredador de moluscos.

Hábitat 1

Habita no intermareal e submareal ata 200 m de profundidade, en case tódolos substratos e ambientes, esteiros, zonas lamacentas, areosas, charcos intermareais, entre rochas e algas. Frecuente encontralo parasitado polo cirrípedo Saculina carcini, en especial nos exemplares que habitan o infralitoral.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Crustáceos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_crustaceos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1731

Más Información

NatuSfera Mapa