Cherax destructor (Clark, 1936)

Cherax_destructor_01 Cherax_destructor_02

Descrición 1

Cangrexo de río de cacho suave, cun par de cristas postorbitais. Pode chegar aos 15-20 cm de lonxitude cun peso de ata 320 gramos. As pinzas, de bordos lisos, son de gran tamaño, rematan moi apuntadas e presentan tonalidades avermelladas na súa base. A súa coloración varía en función da turbidez da auga, pero adoita ser azulada-agrisada-verdosa ou marrón.

Bioloxía 1

Especie oportunista de alimentación omnívora, predominando o compoñente vexetal. En condicións de escaseza son capaces de comer calquera cousa, incluso membros da súa propia especie. Escavan túneles a unhas profundidades de entre 50 cm e 2 m, ocasionando graves alteracións na estrutura das marxes cando a densidade da poboación é alta.

Hábitat 1

Especie de auga doce, habita en case calquera tipo de ecosistema acuático (ríos, regueiros, lagos, encoros, augas estancas, charcas temporais con abundante vexetación). Prefire os substratos lamacentos e as augas lixeiramente turbias. Bastante resistente ás condicións ambientais, aguanta longos períodos de seca, elevadas salinidades e rangos de temperaturas, baixos niveis de osíxeno e augas contaminadas.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Crustáceos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_crustaceos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1733

Más Información

NatuSfera Mapa