Dikerogammarus villosus (Sowinsky, 1894)

Dikerogammarus_villosus_01

Descrición 1

Anfípodo de auga doce de ata 30 mm de lonxitude. Corpo arqueado, comprimido lateralmente e semitransparente. Dous pares de antenas. Coloración variable, con raias, manchas ou bandas uniformes. Mandíbulas grandes e poderosas. Longas e densas setas no flaxelo, pero non noutras partes da antena II. Tubérculos dorsais nos segmentos I e II do urosoma, con 3-5 espiñas.

Bioloxía 1

Depredador omnívoro que pode alimentarse de moitos macroinvertebrados, incluíndo outras especies da familia Gammbaridae. Alta fecundidade e gran tolerancia ambiental.

Hábitat 1

Rocha litoral e outros substratos duros, sedimentos litorais, rocha infralitoral e outros substratos duros, sedimentos sublitorais, comunidades do límite superior de preamar en praias areosas, láminas de auga estancada naturais, láminas de auga corrente de ríos e regueiros.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Crustáceos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_crustaceos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1744

Más Información

NatuSfera Mapa