Channa spp. (Scopoli, 1777)

Channa_spp_01 Channa_spp_02

Descrición 1

Peixes de auga doce con respiración subacuática e aérea, de ata máis de 1 m. Corpo alongado máis estreito cara a cola, longa aleta dorsal, ao igual que a anal. La aleta caudal está truncada, non redondeada. Todas sen espiñas. Cabeza de pequeno tamaño, con grandes escamas na parte superior, con aspecto de cabeza de serpe. Gran boca con dentes afiados e a mandíbula inferior sobresaínte.

Bioloxía 1

Peixes depredadores, agresivos, omnívoros e voraces, aliméntanse tanto de zooplancto como de algas, invertebrados, peixes, anfibios, réptiles e pequenos mamíferos. Poden producirse ata 5 veces ao ano, o que implica que unha soa femia pode liberar ata 75.000 ovos nun ano.

Hábitat 1

Non se detectaron en España; en Europa destacan as especies Channa argus e Ch. micropeltes. Ocupan tanto ríos como lagos, encoros e zunas húmidas. O seu peculiar sistema de respiración permítelles sobrevivir ata 4 días fóra da auga, podendo ser transportados con facilidade; poden chegar a realizar migracións de 400 metros sobre terra, sempre que estea húmida.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1732

Más Información

NatuSfera Mapa