Australoheros facetus (Jenyns, 1842)

Australoheros_facetus_01 Australoheros_facetus_02

Descrición 1

Peixe de tamaño medio (uns 18 cm de lonxitude). Corpo robusto, de aspecto redondeado, de perfil alto, comprimido lateralmente e relativamente corto. Pedúnculo caudal curto e aleta caudal é ancha na súa base, co perfil case recto. 26-28 escamas na liña lonxitudinal. Coloración variable, xeralmente co fondo amarelado, verde oliva, agrisado, pardo ou avermellado, con 6-7 barras verticais escuras no corpo.

Bioloxía 1

É unha especie moi territorial en época de reprodución, depositando os ovos sobre pedras ou madeira. Tanto o pai como a nai encárganse do coidado da posta. Especie oportunista de alimentación omnívora.

Hábitat 1

Habita tramos de augas tranquilas, lentas ou estancadas, incluíndo charcas, con abundante vexetación subacuática. Tolera as baixas temperaturas das augas en inverno e a contaminación da auga.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1723

Más Información

NatuSfera Mapa