Ictalurus punctatus (Rafinesque, 1818)

Peixe gato de pintas
Ictalurus_punctatus_01 Ictalurus_punctatus_02

Descrición 1

Corpo robusto e cilíndrico, sen escamas, de ata 1,5 m de lonxitude e 25 kg de peso. Coloración variable (azul, oliva, gris ou negro polo dorso), numerosas manchas escuras nos flancos e ventre branco. Cabeza ancha e aplanada cunha gran boca terminal, sobresae a mandíbula superior. 8 bigotes longos e desiguais arredor da boca. A aleta dorsal anterior, as pectorais e as ventrais presentan espiñas duras.

Bioloxía 1

De hábitos nocturnos, aliméntase de pequenos peixes, crustáceos, caracois e moluscos. Desovan a finais da primavera ou principios de verán (entre 16-24 oC na auga) nun lugar seleccionado polos machos, que se protexe tamén entre 5-10 días ata a eclosión dos ovos (de varios milleiros por posta).

Hábitat 1

Habita en augas profundas e claras, de correntes lentas ou moderadas, tolerando certo grado de salinidade.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB), CABI

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1821

Más Información

NatuSfera Mapa