Duttaphrynus melanostictus (Schneider, 1799)

Duttaphrynus_melanostictus_01 Duttaphrynus_melanostictus_02

Descrición 1

Sapo de ata 85 mm de lonxitude. Corpo robusto de cabeza pequena e patas curtas. Dedos das extremidades posteriores palmeados. Fociño curto e romo. Tímpano moi patente, ancho. Coloración variable, común a cor amarelada ou marrón, marcada con vetas máis escuras e manchas. Costas cubertas de verrugas espiñentas, que adoitan ser de cor negra. Cristas óseas na parte superior da cabeza.

Bioloxía 1

Alimentación oportunista, ampla variedade de invertebrados terrestres (principalmente artrópodos, formigas e vermes, tamén outras ordes de insectos, así como miriápodos, arácnidos e moluscos). Ata 40.000 ovos por posta; os ovarios das femias poden supoñer un 30% do peso corporal, larvas pequenas.

Hábitat 1

Moi oportunista, pode vivir en hábitats moi diferentes, tanto en zonas temperadas, subtropicais e tropicais, desde o nivel do mar ata os 1.800-2.000 m de altitude.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Anfibios 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_anfibios.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1745

Más Información

NatuSfera Mapa