Chrysemys picta (Schneider, 1783)

Tartaruga pintada
Chrysemys_picta_01 Chrysemys_picta_02

Descrición 1

Galápago acuático de tamaño mediano con cacho de cor escura con debuxos vermellos nos escudos marxinais. Presenta bandas amarelas na cabeza e na cola. O tamaño dos adultos pode variar, pero pode acadar os 25 cm. Os exemplares novos parécense aos adultos pero con coloración máis brillante.

Bioloxía 1

Os machos adoitan ser fértiles aos 2-4 anos, as femias aos 6-10 anos. Apareamento de marzo a xuño, posta entre abril e xullo (uns 23 ovos). Son omnívoros xeralistas e aliméntanse dunha ampla variedade de algas, plantas e animais.

Hábitat 1

Viven en lagos, lagoas, ríos e estanques, preferindo as zonas lamacentas con vexetación densa. Require temperaturas suaves.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB), CABI

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Réptiles 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_reptiles.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1734

Más Información

NatuSfera Mapa