Elaphe guttata L.

Serpe do millo
Elaphe_guttata_01 Elaphe_guttata_02

Descrición 1

Cobra de ata 1,8 m de lonxitude, corpo fino pero robusto, fociño curto e redondeado, ollos grandes e pupila redonda, grandes escamas sobre a cabeza. Escamas dorsais lisas, as ventrais con quilla pronunciada. Patrón de cor moi variable, a máis común laranxa ou marrón-amarela, con manchas lixeiramente triangulares vermellas con bordos negros (tamén máis pardas, grises, amareladas, alaranxadas e incluso albinas, con manchas avermelladas de intensidade variable).

Bioloxía 1

É un depredador xeneralista que mata ás súas presas asfixiándoas por constrición, xa que non son velenosas. Son máis activas de noite, así como ao amencer e ao anoitecer.

Hábitat 1

É unha especie moi adaptable, terrestre ou semiarborícola que habita en bosques claros e solleiros, podendo atoparse tamén en zonas agrícolas, pradarías e contornos urbanos.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Réptiles 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_reptiles.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1749

Más Información

NatuSfera Mapa