Acridotheres spp. (Vieillot, 1816)

Mainá
Acridotheres_spp_01 Acridotheres_spp_02 Acridotheres_spp_03

Descrición 1

En Canarias estableceuse Acridotheres tristis e quizais A. ginginianus. A. tristis de corpo pardo agrisado, máis escuro na cabeza e no babeiro, con plumas máis longas na cabeza (aspecto lixeiramente cristado), con carnosidades amarelo brillante arredor do ollo. Ventre e infracobertoiras das ás e caudais brancos; pico e patas amarelas; pico groso e robusto lixeiramente curvado cara abaixo.

Bioloxía 1

Media de catro ovos por posta (ás veces dúas postas anuais). Incubación de 13-18 días. Os polos abandonan o niño aos 20-32 días. Madurez sexual entre 9-12 meses. Pódense emparellar desde os 9 meses, algúns reprodúcense o primeiro ano. 4-12 anos de lonxevidade. Xeralmente omnívoros: sementes, froitos, bagas, gran, flores, néctar e todo tipo de invertebrados.

Hábitat 1

Ocupan diferentes hábitats e adáptanse con gran facilidade a diferentes climas e aos hábitats urbanos e rurais onde acadan as súas máximas densidades.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1713

Más Información

NatuSfera Mapa