Alopochen aegyptiacus L.

Ganso de Exipto
Alopochen_aegyptiacus_01 Alopochen_aegyptiacus_02

Descrición 1

Ave duns 70 cm e 2-2,5 kg, envergadura das ás de ata 1,5 m (machos lixeiramente máis grandes). Plumaxe marrón avermellada en dorso e ás, peito castaño avermellado/beixe con finas estrías de cor agrisada pardenta. Base do pescozo con franxa estreita castaño avermellado escuro, a modo de colar. Grandes manchas pardo avermelladas arredor dos ollos. Patas robustas, rosáceas ou avermelladas, cos dedos palmeados.

Bioloxía 1

Nidifica habitualmente no chan, a miúdo en pequenas illas, aínda que tamén en covas, tobas, entre as canas, nas árbores ou incluso en edificios. Aliméntanse de herbas, sementes, insectos, vermes, etc.

Hábitat 1

Lagos, ríos. Atópase na diversidade das zonas húmidas, polo xeral con presenza de árbores ou arbustos.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1715

Más Información

NatuSfera Mapa