Branta canadensis L.

Ganso do Canadá
Branta_canadensis_01 Branta_canadensis_02

Descrición 1

Anátido de gran tamaño (media de 6,4 kg, 76-110 cm de altura e envergadura de 1,3-1,7 m). Moi característicos a cabeza e o longo pescozo negros coas meixelas brancas. Plumaxe do corpo marrón con diferentes tonalidades pardas e agrisadas, ventre cor crema ou branco. Cola curta, pico e patas negras. Machos lixeiramente máis grandes que as femias. Exemplares novos amarelos con plumas gris-verdoso en dorso e cabeza.

Bioloxía 1

Cría entre marzo e xuño, de maneira semicolonial. A posta é de entre 2 e 11 ovos, sendo a media de 6. A incubación prolóngase aproximadamente 28-30 días e o inicio dos voos dáse aos 40-48 días de idade. Omnívoro, aliméntase principalmente de materia vexetal, rizomas, follas, sementes, froitos.

Hábitat 1

Zonas húmidas naturais e pseudonaturais, áreas axardinadas con dispoñibilidade de masas de auga, cultivos de regadío.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1726

Más Información

NatuSfera Mapa