Coturnix japonica Temminck & Schlegel, 1849

Paspallás xaponés
Coturnix_japonica_01

Descrición 1

Ave gordecha marrón escura con manchas máis claras no dorso e o ventre marrón máis claro (pero con variacións na plumaxe). Raia abrancazada enriba dos ollos aos lados da cabeza. Pico gris rosáceo. As plumas do peito das femias presentan manchas escuras entre plumas xeralmente pálidas, mentres que nos machos teñen unha cor marrón avermellada escura uniforme. A cola é curta.

Bioloxía 1

Aliméntase de diferentes tipos de sementes, así como de insectos, larvas e outros pequenos invertebrados. Fenoloxía e ecoloxía reprodutiva similar ao paspallás común en España: postas entre abril e xuño, con incubación da femia. Individuos hibridados co paspallás común non se poden distinguir deste.

Hábitat 1

Prefiren hábitats abertos como pradarías e ladeiras de montaña, aínda que tamén aparece en pastos, zonas agrícolas e lindes.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1738

Más Información

NatuSfera Mapa