Leiothrix lutea (Scopoli, 1786)

Rousinol ou reiseñor do Xapón
Leiothrix_lutea_01 Leiothrix_lutea_02

Descrición 1

Pequeno paseriforme de 15 cm de lonxitude. Con cabeza grande e pico estreito, cola curta e cores vivas. Cor parda e verde olivácea en xeral, gris no ventre e azulada na cola. Gorxa amarela e cor avermellada no peito. Bico de cor vermella viva e ás vermellas e negras.

Bioloxía 1

Especie gregaria, tamén poden localizarse individuos sós ou en parellas, cun amplo rango de alimentación, principalmente insectívora, aínda que tamén se alimenta de vermes, bagas e froitas. Poñen de 3 a 4 ovos. Os polos permanecen ao coidado dos seus proxenitores de 1,5 a 2 semanas e despois abandonan o niño, aínda que seguen a ser alimentados polos pais durante algún tempo.

Hábitat 1

Hábitats eminentemente forestais, atopándose en bosques mixtos de piñeiro e aciñeiras, en bosques de ribeira con densa vexetación baixa, sempre con dispoñibilidade de cursos de auga, xa sexan limpas ou residuais, en campos de froiteiras preto de cursos de auga e, tamén, de maneira esporádica, en parques e xardíns.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1830

Más Información

NatuSfera Mapa