Atelerix albiventris (Wagner, 1841)

Atelerix_albiventris_01 Atelerix_albiventris_02

Descrición 1

Pequeno ourizo de entre 15-25 cm de lonxitude e peso de entre 350-700 gramos (normalmente ronda os 350). Fociño afiado, orellas grandes e ollos pequenos e negros. Patas curtas e peludas. De coloración variable, a máis común é marrón ou gris coas pugas brancas ou de cor crema, sendo o rostro máis escuro (gris e negro) e o ventre branco.

Bioloxía 1

Especie terrestre. É omnívora pero prefire os insectos. É un animal solitario de hábitos nocturnos que pode chegar a percorrer grandes lonxitudes nun só día. Reprodúcese xeralmente unha ou dúas veces ao ano.

Hábitat 1

Ocupa a mesma área que os ourizos autóctonos, habitando zonas forestais onde puido ser abandonado.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Mamíferos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_mamiferos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1721

Más Información

NatuSfera Mapa