Hemiechinus auritus (Gmelin, 1770)

Ourizo exipcio ou orelludo
Hemiechinus_auritus_01 Hemiechinus_auritus_02

Descrición 1

Ourizo de entre 12-27 cm de lonxitude e 250-400 gr de peso. Cara pálida, branca amarelada, co fociño longo e afiado (de ata 4,5 cm). Características orellas grandes e redondeadas, lixeiramente apuntadas, flexibles e móbiles, cubertas de pequenos pelos abrancazados. Ventre e patas abrancazados. Espiñas dorsais coa punta branca ou amarelada, cunha banda máis escura a continuación.

Bioloxía 1

Especie solitaria, de hábitos nocturnos e moi activo. A súa alimentación é principalmente insectívora, e pode chegar a realizar desprazamentos de ata 9 km en busca de alimento. Durante o día atópanse descansando debaixo de rochas, ocos ou montículos de rochas.

Hábitat 1

Ocupa a mesma área que os ourizos autóctonos, habitando zonas forestais onde puido ser abandonado.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Mamíferos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_mamiferos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1813

Más Información

NatuSfera Mapa