Herpestes javanicus (É. Geoffroy Saint-Hilaire, 1818)

Mangosta de Xava
Herpestes_javanicus_01 Herpestes_javanicus_02

Descrición 1

Pequena mangosta de corpo delgado coas patas curtas (50-67 cm de lonxitude e 305-662 gramos). Cabeza alongada cun fociño afiado e pequenas orellas que sobresaen moi pouco da pelaxe. Cola robusta na base, estreitándose gradualmente. Pés con 5 dedas e longas garras afiadas non retráctiles. Pelo curto, suave, cor marrón escuro, salpicado de manchas douradas (parte ventral máis clara).

Bioloxía 1

Especie omnívora con dieta moi variada e flexible, normalmente mamíferos, paxaros, réptiles, anfibios, invertebrados e plantas (porcentaxe variable segundo dispoñibilidade). Ten dúas ou tres xeracións ao ano e cada camada adoita ser de tres crías. As femias acadan a súa madurez sexual aos 10 meses.

Hábitat 1

De hábitos diúrnos e solitarios, sobrevive nunha gran variedade de tipos de hábitats, desde zonas agrícolas a zonas costeiras, ribeiras e zonas húmidas, áreas desérticas, etc., aínda que prefire hábitats secos, pasteiros e vexetación secundaria de bosque denso.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Mamíferos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_mamiferos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1817

Más Información

NatuSfera Mapa