Familia Sciuridae (Hemprich, 1820)

Esciúridos
Familia_sciuridae_01 Familia_sciuridae_02 Familia_sciuridae_03

Descrición 1

Familia dos esquíos, corpo longo, pelo suave e fino, e grandes ollos. Patas dianteiras con 4 dedos, 5 nas traseiras. Todos con garras salvo o polgar. Tamaño moi variable segundo a especie (de 10 gramos a máis de 3 kg). Cores tamén diversas: negro, branco, marrón, vermello, gris. Tres morfoloxías básicas: esquíos de terra, esquíos de árbore e voadores. En España preséntase como invasora Atlantoxerus getulus, teñen potencial Tamias sibiricus e Sciurus carolinensis.

Bioloxía 1

Hábitos diúrnos, terrestres ou arborícolas, utilizan tobas, algúns hibernan ou acumulan alimentos para o inverno. Gregarios ou solitarios. Alimentación de todo tipo de materia vexetal (brotes, follas, froitos, sementes, flores, etc.), fungos, invertebrados, pequenos anfibios, réptiles e polos de aves. 25-40 días de xestación, 1-9 individuos por camada e 1-2 camadas por ano.

Hábitat 1

Hábitats moi variables segundo a especie.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013 (GEIB)

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Mamíferos 1

http://www.mapama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_mamiferos.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/1798

Más Información

NatuSfera Mapa