Acacia dealbata Link.

Mimosa, acacia, acacia francesa, acacia de folla azul, alcacia, alcarcia
Acacia_dealbata_03_compr Acacia_dealbata_02_compr Acacia_dealbata_01_compr

Descrición 1

Árbore perennifolia que non adoita superar os 15 m. Follas bipinnadas de ata 10 cm, con 10-26 pares de pinnas e cada unha delas con 20-50 pares de pínnulas. Inflorescencias en glomérulos globosos duns 5 mm de diámetro que se dispoñen en acios. Flores amarelas, co cáliz e a corola campanulados. Estames moi numerosos, exertos. Froito en legume comprimido, de cor verde ou pardo avermellado.

Bioloxía 1

Reprodución por semente e por rebrote de cepa, con crecemento moi rápido. Florece en inverno e comezos da primavera. Planta moi rústica, pouco esixente co chan, capaz de rebrotar despois dos incendios (as sementes latentes tamén xermolan despois do lume). Multiplícase tamén mediante raíces estoloníferas.

Hábitat 1

Todo tipo de terreos degradados. Tamén ribadas de estradas e zonas axardinadas. Produce importantes alteracións físicas nas ribeiras fluviais. Asóciase con bacterias do xénero Rhizobium fixadoras de nitróxeno. Non soporta a sombra, para establecerse necesita que o terreo estea desprovisto dunha cobertura arbórea densa. Non tolera as xeadas intensas nin os ventos fortes. Prefire os substratos ácidos.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atlas de las Plantas Alóctonas Invasoras en España.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/151

Más Información

NatuSfera Mapa