Aedes albopictus (Skuse, 1894)

Mosquito tigre
Aedes_albopictus_01 Aedes_albopictus_02

Descrición 1

Mosquito de cor escura case negra con bandas de cor branca nas patas (palpos e tarsos) e cunha raia branca no dorso que vai dende a cabeza ata o tórax. O seu tamaño oscila entre os 2-10 mm, mais a medida máis frecuente atópase entre os 6-7 mm.

Bioloxía 1

O ciclo de vida presenta dúas etapas: fase acuática (fases de ovo, larva e pupa) e fase aérea adulta. As femias poñen os ovos (entre 150 e 250 por posta) en encharcadas. As larvas transfórmanse en pupas aos 5-10 días e estas en adultos aos 2 días. En fase acuática, aliméntanse de materia orgánica suspendida na auga. O adulto inxire néctar, mais as femias consumen sangue para a produción dos ovos. Pican durante o día, unhas 30-48 picaduras/hora, a gran variedade de vertebrados.

Hábitat 1

No noso ambiente, é un mosquito principalmente urbano que aproveita sistematicamente puntos de auga de orixe humana para a súa reprodución. As larvas desenvólvense en lugares onde haxa pequenas cantidades de auga, fundamentalmente se o sitio está sombreado: pratos de testos, floreiros, baldes, etc.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Proxecto invasIBER

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Artrópodos non crustáceos 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_artropodos_nc.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/187

Más Información

NatuSfera Mapa