Agave americana L.

Agave americana (en castelán, pita, maguey, magüey, pitera común, pitaco)
Agave_americana_01 Agave_americana_02 Agave_americana_03

Descrición 1

Planta rizomatosa, de gran vigor. Aspecto robusto. Perenne. Follas carnosas de cor cincenta distribuídas en forma de roseta basal que poden acadar os 2 m, de carácter espiñento en marxes e ápice, acabadas en espiñas duns 3 cm. As súas flores son de cor amarela pálida e están distribuídas en gran cantidade ao longo dun talo de ata 10 m (panícula). Prodúcense na madurez da planta (10 anos) e a roseta que emitiu o talo florífero morre tras a floración.

Bioloxía 1

Reprodución sexual por sementes (negras, aplanadas, numerosas) e asexual por rizomas. Floración entre xullo e setembro. A planta morre despois da floración. Polinización por lepidópteros ou morcegos. Prefire parcelas luminosas e chans ben drenados, colonizando estas zonas por propágulos transportados pola escorrentía superficial, que se fixan no substrato e dan lugar a novos individuos. Moi resistente á seca e ás altas temperaturas. Aguanta xeadas lixeiras se non son moi frecuentes.

Hábitat 1

Planta termófila de gran capacidade de colonización, presente en numerosos hábitats. Zonas rochosas, acantilados, sistemas dunares e incluso campos de cultivo, aínda que xeralmente atópase preto da costa, preferiblemente en chans areosos. Habitual ao longo de camiños e en marxes de parcelas. Aparece en matogueiras degradadas e marxes de vías de comunicación de zonas costeiras de baixa altitude. Pouco abundante en hábitats forestais.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Proxecto invasIBER, Atlas de las plantas alóctonas invasoras de España.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/467

Más Información

NatuSfera Mapa