Ailanthus altissima (Mill.) Swinge

Ailanto (en castelán, árbol del cielo, zumaque falso, gandul de carretera)
Ailanthus_altissima_01_compr Ailanthus_altissima_02_compr

Descrición 1

Árbore caducifolia, dioica, de cheiro forte e desagradable, de ata 25-30 m de altura. Raíces superficiais, follas divididas, imparipinnadas de lonxitude variable (0,6-1 m) e con folíolos aovado-lanceolados de número variable. Flores pequenas, verdosas, que aparecen entre abril e xullo. Os froitos aparecen entre setembro e outubro; son sámaras de 30×8 mm, de cor amarela ou avermellada, coa semente no medio.

Bioloxía 1

Crecemento rápido, pudendo vivir entre 30 e 50 anos. Reprodución sexual, cunhas 300.000 sámaras por pé feminino adulto que se dispersan co vento. As sementes xerminan nun gran número de ambientes e condicións edáficas distintas. Gran capacidade rebrotadora a partir das raíces. As follas e a casca teñen metabolitos secundarios con efecto herbicida e insecticida.

Hábitat 1

Ambientes urbanos, periurbanos, solares, ribeiras de ríos e estradas; tamén en hábitats forestais naturais. Tolera un amplo rango de humidade, granulosidade, pH e concentración de nitróxeno do chan. Moi tolerante á contaminación do aire (SO2 e outros).

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Proxecto invasIBER

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Flora 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_flora.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/28

Más Información

NatuSfera Mapa