Alburnus alburnus (Linnaeus, 1758)

Alburno
Alburnus_alburnus_01_compr Alburnus_alburnus_02_compr

Descrición 1

Especie de pequeno tamaño que adoita acadar os 15 cm, con talle máximo de 25 cm. Corpo alongado e comprimido lateralmente. Aleta dorsal situada máis preto do comezo da aleta caudal que da cabeza. Boca súpera. Pedúnculo caudal longo e estreito. Aleta dorsal curta, con 8 radios ramificados, e aleta anal longa, con 16-19 radios ramificados. Escamas grandes, entre 47-52 na liña lateral.

Bioloxía 1

Madurez sexual desde o primeiro ano, preferentemente aos 2 anos e idade. Desova de novembro a maio, sobre algas ou grava. Fecundidade alta, con postas de 100-2,000 ovos, o que favorece a existencia de altas densidades. Alimentación omnívora, moi voraz, cun gran rango de alimentación: desde zooplancto, crustáceos ou insectos ata pequenos peixes.

Hábitat 1

Especie introducida en ríos e encoros, de fácil adaptabilidade a novas condicións. Ocupa preferentemente a parte superficial da columna de auga, onde acostuma alimentarse, formando cardumes. Óptimo con temperatura da auga entre 18-20oC, aínda que tolera ata os 30. Prefire augas claras, ben osixenadas e con algo de corrente.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Atas y Libro Rojo de los Peces Continentales de España.

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Peixes 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_peces.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/41

Más Información

NatuSfera Mapa