Amandava amandava (Linnaeus, 1758)

Bengalí vermello
Amandava_amandava_01 Amandava_amandava_02

Descrición 1

Ave pequena, duns 10 cm e 10 g. Plumaxe vistosa dos machos en época de cría, de cor vermella intensa con tinturas verdosas na cabeza e as costas e raias brancas debaixo dos ollos. O peteiro, tamén vermello, é forte, groso e cónico, cunha área escura na base do cume. As ás e os flancos son de cor vermella escura con puntos brancos. Cola curta e arredondada, con plumas negras. As femias teñen o peito e o ventre de cor amarela alaranxada brillante.

Bioloxía 1

Cando se aparean, os machos amosan unha actitude agresiva de cara aos outros machos e femias da mesma especie. Cría en outono e pode realizar varias postas en cada tempada, de 4 a 6 ovos por posta. A súa alimentación é moi variada, omnívora: sementes, froitos, plantas e insectos.

Hábitat 1

Aniñan en zonas ribeirás con vexetación palustre, mais tamén aparecen en arroceiras, cultivos de regadío, etc. É un paxaro de hábitos gregarios cando non é a época de reprodución e forma bandos de ata 100 individuos.

Fontes 1

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, Fichas documentais das EEI do RD 630/2013

Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras - Aves 1

http://www.magrama.gob.es/es/biodiversidad/temas/conservacion-de-especies/especies-exoticas-invasoras/ce_eei_aves.aspx

Fuentes y Créditos

  1. Adaptado por INVASORES - administrador de un trabajo de (c) cartotragsatec, algunos derechos reservados (CC BY), http://natusfera.gbif.es/guide_taxa/152

Más Información

NatuSfera Mapa